Con esta nova oferta para a Cidade de Bos Aires, Egatel consolídase como un referente de Broadcast na comarca, despregando así varios Tx. de altísima potencia que xa están a emitir na cidade de Bos Aires.
A nova serie TLWH7900E de transmisores refrixerados por líquido supón un paso máis na alta eficiencia enerxética, ofrecendo aos operadores unha solución moi compacta en canto a densidade de potencia, proporcionando un servizo óptimo para o desenvolvemento ou ampliación de redes de televisión dixital. Utilizan a arquitectura Doherty asimétrica de banda ancha cun deseño moi coidado destinado a mellorar a eficiencia enerxética. O seu deseño compacto e modular facilita as tarefas de instalación e mantemento, reducindo significativamente os custos totais ao longo da vida útil do transmisor.