No marco do contrato asinado por Egatel coa ENMA -antiga Unión de Radio e Televisión de Exipto (ERTU)- para a subministración, instalación e posta en marcha dun transmisor DVB-T2 de alta potencia Doherty con refrixeración líquida, SerieTLWH7803 2,3KW DD para o sitio de AL HAMMAN (na costa occidental de Exipto, preto de Alexandría) así como racks de monitorado, supervisión e proteccións eléctricas nun proxecto integral no devandito centro de transmisión; Durante este pasado mes de maio, responsables da ENMA visitaron a fábrica e os Laboratorios de Egatel para realizar as correspondentes probas de aceptación en fábrica (FAT), así como para recibir formación sobre os equipos Egatel.
A través deste contrato estratéxico, Egatel consolida a súa presenza en África, así como nun dos países máis grandes e poboados do continente.
A eficiencia enerxética dos transmisores é un factor clave para os operadores de rede á hora de seleccionar transmisores de TV. A serie TLWH7800, equipada con tecnoloxía Doherty de banda ancha, supera os inconvenientes dos transmisores Doherty clásicos mantendo todos os beneficios. Os transmisores Egatel alcanzan unha eficiencia enerxética de ata o 38% para as formas de onda COFDM e o 42% para as formas de onda ATSC. A eficiencia mantense en toda a gama UHF, polo que non se precisa ningún axuste dos amplificadores de potencia cando se cambia a canle de operación de RF.