O proxecto ten como finalidade a obtención dunha plataforma integral (HW/SW) para a xestión eficiente das emerxencias sanitarias. Preténdese desenvolver, mediante o uso de tecnoloxías TIC, aplicacións de valor engadido integradas en vehículos, de soporte vital básico e avanzado (SVBs e SVAs), para intercambiar información en tempo real cos centros de coordinación (061-112) e os centros sanitarios de destino.
Trátase dunha proposta moi ambiciosa no seu alcance e que logrou reunir a empresas de tres sectores distintos – TIC, Sanitario e Automoción – ao redor dun mesmo obxectivo. En concreto, as empresas integrantes do consorcio son: Everis, Coremain, Rodríguez López Auto, Imaxdi e os centros tecnolóxicos CTAG e Fundación Ramón Domínguez.