Coñece Egatel
Egatel é unha empresa especializada no deseño, desenvolvemento e fabricación de equipos para a radiodifusión de TV e comunicacións vía satélite.
Deseñamos, desenvolvemos e fabricamos equipos de alta tecnoloxía para o mercado profesional e doméstico, en sectores tan diversos como Broadcast, SATCOM ou EMS. Así como tamén ofrecemos servizos de Consultoría, Enxeñaría e de Alto Valor Engadido aos nosos clientes.
Os produtos para a transmisión de TV inclúen transmisores e reemisores de todas as potencias de RF para os principais estándares de TV Dixital Terrestre.
No sector satCOM, a liña de produtos céntrase no desenvolvemento de terminais satélite que permiten ofrecer servizos interactivos vía satélite como aa IoT, M2M ou TV conectada; así como en deseño, desenvolvemento e fabricación de antenas planas con aplicacións diversas desde o sector marítimo, residencial, movilidade terrestre ou administración e defensa.
A nosa historia
1992
Ano de fundación de Egatel. Comeza a súas actividades en sectores domésticos de recepción satélite e primeiros pasos no sector profesional de microrepetidores analóxicos.1994
Trasládase a actividade da empresa ó Parque Tecnolóxico de Galicia, dentro dos programas de viveiros de empresa.1995
Conséguense as primeiras homologacións de equipos “broadcast” profesionais para Abertis Telecom, operador maioritario en España.1999
Inagúrase a sede actual e oficial de Egatel no Parque Tecnolóxico de Galicia. Comeza a participación de Egatel no mundo da TV Dixital de forma moi destacada como proveedor principal en España para Abertis Telecom.2002
Conclúense os suministros de 5 multiplex en España (Proxecto Quiero TV), acadando unha porcentaxe do 90%, con cerca de 750 equipos en media e alta potencia dixital.2004
Egatel alcanza os seus primeiros logros no mercado internacional suministrando transistores de 10KW de potencia analóxica.2005
Acordo OEM con Rohde & Schwarz para l suministro de Gapfillers multiestándar.2010
Conclúense co apagón analóxico, suministros en toda España durante 2 anos e para os 5 multiplex estatales e multplex autonómicos, máis de 800 transmisores dixitais de media potencia e máis de 3000 microtransmisores e microreemisores dixitais de baixa potencia.2012
Egatel suministra ao Mercado Mexicano un Transmisor de TV Dixital de 14KW, o equipo adquirido pola Universidade Autónoma de Nuevo León en Monterrey, é o de máis alta potencia que opera no país.2013
Despregamento da rede nacional de TDT en Marrocos. (SNRT- Société Nationale de Radiodiffusion et de Télévision).2015
Despregamento da rede nacional de TDT en: México (TV Azteca), Arxentina (INVAP), Arxelia (TDA-Télédiffusion D’Algérie), Kenia (KBC- Kenya Broadcasting Corporation).2016
Lanzamento comercial do ‘smart LNB’, produto para comunicacións por satélite bidireccionais.2017
Instalación, posta en servizo e commisioning de Transmisores Líquidos de Alta Eficiencia -WHET Series- na cidade de Ushuaia (Arxentina).2018
Subministración, instalación e posta en servizo de Transmisores Líquidos de Alta Eficiencia DVB-T2 de 10KW en configuración 2+1 nas cidades de Rabat e Casablanca (Marrocos). Egatel tamén subministra, instala e pon en marcha un Transmisor de Líquido de Alta Eficiencia ISDB-T de 7KW en configuración Dual Drive no emblemático 'Edificio España' de Bos Aires (Arxentina).2019
Desplegue dos primeiros equipos Doherty Banda Ancha "Asimétricos".2020
Subministración de Transmisores Líquidos DVB-T/T2 de Alta Eficiencia para Torrespaña (Madrid) e Collserola (Barcelona) - principais centros de emisión de España2021
Fabricación e subministración da terceira xeración do IOT First Terminal.2022
Posta en marcha de dúas novas Liñas de Negocio: Deseño e Enxeñaría de Produto; e EMS - Servizos de Fabricación Electrónica
As nosas referencias
Un dos grandes problemas das sociedades desenrroladas é que a sua taxa de crecemento está fortemente ligado a un consumo desaforado de recursos necesarios para producir enerxía o que, evidentemente, plantexa un problema de sostenibilidade a medio e longo prazo.
O compromiso de EGATEL co desenrrolo empresarial sostible comeza no departamento de I+D, onde se fixan políticas de deseño orientadas á consecución de equipos enerxéticamente eficientes, obtendo un rendemento máis elevaso en cada nova familia de equipos.
O desenvolvemento de equipos eficientes en enerxía permite reducir os custos de operación, ó demandar un menor consumo de enerxía, e reducirse a xeneración de calor no interior dos equipos, disminuindo polo tanto os requisitos de refrixeración.
Outro aspecto importante para as compañías comprometidas coa sostenibilidade medioambiental é a xestión dos residuos xenerados durante a actividade normal da empresa.
A xestión dos residuos perigosos está definida e regulada por distintos procedementos e normas aprobadas polos gobernos de ámbito nacional e autonómico. A recollida de estos residuos lévase a cabo por empresas cualificadas no Tratamento de Residuos Perigosos.
EGATEL tamén é membro da Fundación sin ánimo de lucro ECOTIC. O obxetivo principal de ECOTIC é a conservación do medio ambiente e o desenrrolo sostible das empresas. Por esta razón, a súa actividade principal é a xestión de residuos de equipos eléctricos e electrónicos producidos ou comercializados polos membros asociados.
A tal fin participan, fabricantes, distribuidores e persoas responsables da comercialización dos dispositivos e equipos antes mencionados a través da súa adhesión á Fundación, prestando especial atención ó cumplimento da regulación vixente na xestión de residuos, así como a suscripción dos acordos públicos e privados necesarios para a consecución dos seus fins.
AENOR - Xestión medioambiental
EGATEL S.L. comprometeuse no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para lograr a igualdade real dentro da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como principio estratéxico da nosa política corporativa e de recursos humans, para unha igualdade efectiva entre mulleres e homes.
En todos e cada un dos ámbitos nos que se desenvolve a actividade desta empresa, desde a selección ata a promoción, pasando pola política salarial, formación, condicións de traballo e emprego, a saúde laboral, a ordenación do tempo de traballo e conciliación, corresponsabilidade, a prevención e acción contra o acoso sexual e o acoso baseado no sexo e o uso non discriminatorio da linguaxe, a comunicación e a publicidade, asumimos o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, atendendo, de xeito especial, a discriminación indirecta, entendendo por esta “a situación na que unha disposición, criterio ou práctica aparentemente neutral pon unha persoa dun sexo en desvantaxe particular con respecto ás persoas do outro sexo”.