A serie de transmisores TUWH3000 de alta eficiencia representa un salto tecnolóxico nas solucións UHF de media potencia con refrixeración por aire. A tecnoloxía Wideband-Doherty aplícase en toda a banda UHF, polo que xa non é necesario realizar modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar de canle.
Os novos transmisores presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.
Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS-50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia.
O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente outorga total flexibilidade e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro transmisor. A configuración áxil do transmisor e a potencia do Web Server aseguran unha operación amigable e intuitiva e unha rápida posta en marcha. As diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos garanten a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.
Modelo | TUWH3301 | TUWH3201 |
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB | 300 Wrms | 200 Wrms |
Potencia de saída (antes do filtro): ATSC | 300 Wrms | 200 Wrms |
Número de amplificadores: | 1 | 1 |
Conector RF saída | EIA 1 7/16″ | EIA 1 7/16″ |