A nova serie de transmisores TLWH7800 de alta eficiencia – banda ancha representa un salto tecnolóxico nos transmisores UHF de alta potencia con refrixeración líquida. A solución Doherty é por primeira vez banda ancha, polo que xa non é necesario realizar modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar de canle.
Os transmisores TLWH7800 proporcionan a solución óptima para despregar ou estender unha rede de difusión dixital con canles HDTV, DTV e TV móbil no ámbito global. Presentan unha eficiencia enerxética de até un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.
Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS -50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia.
Outorgan unhas relacións potencia-tamaño e prestacións-fiabilidade que permiten transmitir o sinal coa máxima calidade. O deseño compacto e modular e o seu elevado rendemento enerxético facilitan a súa instalación e o mantemento, reducindo significativamente o custo total ao longo da vida do transmisor para o operador broadcast.
Modelo | TLWH7802 | TLWH7803 | TLWH7804 | TLWH7805 | TLWH7808 | TLWH7816 |
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB | 1.7 kWrms | 2.5 kWrms | 3.3 kWrms | 4.2 kWrms | 6.5 kWrms | 12.5 kWrms |
Potencia de saída (antes do filtro): ATSC | 2.5 kWrms | 3.7 kWrms | 5 kWrms | 6.2 kWrms | 10 kWrms | 19.5 kWrms |
Número de amplificadores | 2 | 3 | 4 | 5 | 8 | 16 |
Número de racks | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 |
Conector RF saída | EIA 1 5/8″ | EIA 1 5/8″ | EIA 1 5/8″ ou 3 1/8″ | EIA 3 1/8″ | EIA 3 1/8″ | EIA 4 1/2″ |