Deseño, desenvolvemento e fabricación de antenas de comunicacións por satélite, e terminais de usuario de última xeración, para satisfacer as necesidades das aplicacións IoT e Industria 4.0

  • Antena plana autoapuntable electronicamente
  • O “IoT First” Terminal é un terminal satélite de última xeración equipado con un novidoso transceptor conectado á antena parabólica. O transmisor baséase nun estándar aberto e emprega un enlace de retorno de banda estreita optimizado para transmisións curtas cun ciclo de traballo baixo. Grazas ao seu formato eficiente é compatible e pódese instalar con calquera parabólica estándar.Foi deseñado como unha solución de baixo custo para proporcionar servizos interactivos e aplicacións M2M a millóns de usuarios. É totalmente compatible cos terminais que xa estén actualmente instalados nos fogares, polo que se poderá acceder a todas as aplicacións que “IoT First” Terminal ofrece mediante unha sinxela actualización.Con unha fácil instalación e manexo, os usuarios poden empezar a disfrutar do amplo catálogo de aplicacións en poucos e sinxelos pasos. Eutelsat, un dos principais operadores de satélites e proveedor clave de servizos de radiodifusión e banda ancha concebiu o “IoT First” Terminal’ para a nova xeración de servizos bidireccionais a través da plataforma de televisión conectada e aplicacións M2M. Egatel, en colaboración con Eutelsat, desenvolveu o “IoT First” Terminal que xa está dispoñible no mercado.