Cellnex
Abertis Telecom
Egatel foi o principal provedor de equipos de transmisión de sinal de TV Dixital para o despregamento da primeira rede nacional SFN no mundo. A desconexión analóxica en España completouse con máis de 7500 transmisores e reemisores de TV fornecidos a Cellnex (Abertis Telecom) así como a outros operadores rexionais posteriores.
TV Azteca
México, 2015/2016
Posta en marcha de 15 novos centros adxudicados por TV Azteca para o despregamento de TDT en México. O proxecto inclúe a instalación de 29 transmisores de televisión ATSC da serie TUWH4000, combinadores, paneis de conexión e cargas. A gran maioría dos transmisores fornecidos pertencen á Serie WHET (Transmisores de Alta Eficiencia de Banda Ancha) e están a transmitir TV Dixital en diferentes estados do país.
"IoT First" Terminal
Premio INEO, 2016
O “IoT First” Terminal contribúe á transformación dixital dos fogares e das empresas, aspecto fundamental para promover a difusión do coñecemento e o crecemento económico nos próximos anos. (xurado do Premio INEO ao produto máis innovador polo proxecto 'smart LNB')
TDA
Arxelia, 2015/2016
Extensión da Televisión Dixital Terrestre en Alxeria con 3 proxectos asignados pola TDA (TV Pública Alxerina). Consistiron na instalación de 42, 16 e 10 estacións de Televisión Dixital coa subministración de transmisores de TV Serie CHE9000, proteccións eléctricas e sistemas radiantes.
SNRT
Marrocos
Société Nationale de Radiodiffusion et Télévision de Marrocos, fornecéronse máis de 130 transmisores de TV Dixital DVB-T2 para o despregamento de rede de TDT.
KBC
Kenia, 2015/2016
Despregamento da TDT en kenia coa instalación e posta en marcha de 10 centros de transmisión de alta potencia, con equipos da Serie TUWH4000 (Serie WHET - Wideband High Efficiency Transmitters), situados en diferentes puntos crave do país. O proxecto ?chave en man? para APD permite ao operador de TV pública KBC (Kenya Broadcasting Corporation) estender a rede de TV Dixital Terrestre no país.
INVAP
Arxentina, 2015
O equipamento de alta eficiencia enerxética permitiu ampliar a rede de TDT operada por ARSAT en Arxentina. O proxecto asignado pola empresa angentina INVAP (Sociedade do Estado de Investigación Aplicada) consistiu na subministración de transmisores de alta potencia da Serie TLWH7800 refrigerados por líquido, para pór en marcha 14 estacións de TV Dixital Terrestre.
Malivision
Mali, 2016
O proxecto para Malivision consiste na subministración dun sistema "custom" 5+1 de 1,6 kWrms de potencia. Son equipos da Serie TLWH7800 que utilizan refrigeracion líquida compartida entre distintos transmisores integrados nun mesmo rack. Este sistema está previsto para unha ampliación a 9+1 e instalouse en Bamako.