Electronically STEerable fLat Antenna – 6G.
O obxectivo principal de ESTELA-6G é a investigación da tecnoloxía de antenas orientables electrónicamente para a súa adaptación ás arquitecturas e topoloxías das novas redes 5G/6G. A tecnoloxía de antenas orientables electrónicamente ten características que a sitúan como un elemento atractivo para abordar o apuntamento entre elementos de rede que poidan estar en movemento, caso especialmente relevante nas chamadas redes non terrestres (NTN). A partir da experiencia de Egatel en tecnoloxía de antenas orientables electrónicamente, este proxecto pretende analizar en detalle os escenarios de funcionamento dentro das redes 5G/6G nos que esta solución supón unha mellora nas redes de acceso radio (RAN) co obxectivo de obter os requisitos específicos desta tipo de escenarios.