Baixo consumo
Dado que o consumo de enerxía é unha gran preocupación para moitos clientes, o “IoT First” Terminal incorpora un conxunto de perfís de aforro enerxético que se adaptan perfectamente aos requisitos de recepción e transmisión da aplicación final, proporcionando un considerable aforro de enerxía.
Desta forma, é posible dimensionar a alimentación do módem para que se axuste aos requisitos exactos da aplicación final, habilitando a utilización de sistemas de autogeneración de enerxía limpa, como paneis solares, para alimentar o módem satelital.
VLANs
A conectividade satelital do “IoT First” Terminal proporciona aos usuarios unha conexión segura e privada, independente das redes terrestres cun nivel de servizo garantido e un inmellorable SLA.
Ademais, permite a creación e xestión de redes privadas virtuais (VLANs), posibilitando a segmentación da rede, a reutilización de direccións IP e ofrecer un nivel extra de seguridade nas transaccións de datos IP.
Power over Ethernet
O “IoT First” Terminal está equipado coa tecnoloxía Power Over Ethernet (PoE), polo que é perfecto para servizos ‘puramente IP’ de baixa velocidade de datos, como as aplicacións Machine to Machine ou Internet of Things. A diferenza dos módems VSAT tradicionais onde o módem está composto por unha unidade exterior e unha unidade interior conectadas mediante un cable coaxial, o ‘smartLNB’-PoE consiste unicamente nunha unidade exterior, o que supón unha considerable redución no custo de adquisición e instalación en comparación cos produtos existentes no mercado.
Para empezar a gozar da conectividade vía satélite, o usuario só necesita conectar o dispositivo final (sensor, PC, switch /router, etc.) ao porto RJ-45 do “IoT First” Terminal cun cable Ethernet estándar e orientar a antena, paso que se realiza de forma sinxela e rápida seguindo as pautas proporcionadas por unha aplicación móbil gratuíta que se desenvolveu especificamente para o “IoT First” Terminal (dispoñible para dispositivos Android e iOS).
Aplicacións
A chegada do “IoT First” Terminal supón un paso adiante sobre a TV lineal tradicional xa que ofrece ilimitados servizos virtuais de TV conectada, inclúese: Push-video-on-demand, operacións de pago, servizos baseados no consumo de contidos á carta, domótica, HbbTV, pay-per-view, redes sociais, participación en programas en directo, xestión de subscricións, medición de audiencias, etc.
O “IoT First” Terminal ofrece servizos de visualización multipantalla de canles de vídeo IP, de maneira que poden ser visualizados directamente en tabletas, smartphones e demais terminais IP do usuario final.
Ademais, grazas á canle de retorno tanto provedores de servizos como usuarios beneficiaranse das aplicacións IP bidireccionais adaptadas a cada dispositivo doméstico, que hoxe só son accesibles aos operadores OTT.
A capacidade de recibir/transmitir datos IP utilizando unha canle de retorno de banda estreita a través de satélite abre a porta ás aplicacións Machine-to-Machine (M2M). A crecente demanda de servizos sanitarios no fogar, combinada co control de custos, proporciona as condicións ideais para adoptar as vantaxes proporcionadas polas aplicacións M2M. O seguemento a distancia de enfermidades crónicas, servizos de asistencia para persoas maiores e o control de pacientes a través de solucións de coidado no fogar, son algunas das aplicacións esenciais que poden axudar ao ecosistema da saúde e facer frente a este reto. Todo isto se consegue simplemente conectando o “IoT First” Terminal aos sensores personais que ten o usuario no seu domicilio e que recollen diferentes medidas, como o peso, presión arterial, niveis de glucosa, etc.
No que se refiere a casas intelixentes, pódense controlar o consumo de enerxía e o uso da electricidade, auga quente e calefacción mediante medidores intelixentes. A conexión de estos equipos ao “IoT First” Terminal permitirá coñecer en tempo real o consumo enerxético. A detección de despilfarros de enerxía e a corrección de malos hábitos tradúcense directamente en aforro e emisións de CO2 máis baixas.
Ademais, o usuario pode controlar remotamente diferentes dispositivos instalados no fogar, como videocámaras, sensores de movemento, fechaduras de portas e xanelas, así como programar accións de aceso e apagado de luces ou do sistema de calefacción para determinadas horas e datas.
Dado que o consumo de enerxía é unha gran preocupación para moitos clientes, o “IoT First” Terminal incorpora un conxunto de perfís de aforro enerxético que se adaptan perfectamente aos requisitos de recepción e transmisión da aplicación final, proporcionando un considerable aforro de enerxía.
Desta forma, é posible dimensionar a alimentación do módem para que se axuste aos requisitos exactos da aplicación final, habilitando a utilización de sistemas de autogeneración de enerxía limpa, como paneis solares, para alimentar o módem satelital.