AURIA series
Coa chegada das constelacións GEO e mega LEO, existe unha crecente demanda por unha nova xeración de terminais de usuario de alto rendemento, económicos e de pequeno tamaño, equipados con antenas planas con capacidade de autoapuntamento electrónico.
Egatel presenta unha innovadora antena plana baseada nunha novidosa tecnoloxía e que está chamada a revolucionar o mercado das comunicacións por satélite en movilidade.
"Auria é unha palabra latina que significa ouro. Cremos que é un nome bastante conveniente para o noso terminal de usuario ESA, xa que pretende ser un facilitador clave da Era Dourada das Comunicacións por Satélite que está a punto de ser desatada. Debido á minería do ouro que explotaban os antiguos romanos, Auria é tamén unha orixe moi probable do nome de Ourense, cidade na que se ubica a sede de Egatel desde fai 30 anos."
Explorar antena AURIA
Vantaxes
- Dirección de raio e tracking satelital completamente electrónicos
- Comunicacións Full-Duplex
- Optimizada para GEO e preparada para constelacións LEO/MEO
- Preparada para Multi-Beam
- Radomo integrado
- Preconfigurada con módem integrado de terceiros ou lista para utilizar con módems externos (soporta openAMIP)
- Baixo custe
Preparado para producción en masa
- Utilización de tecnoloxías coñecidas e de última xeración (PCB e IC dixitais e de RF)
- Construida utilizando procesos de fabricación estándar e maduros para unha solución confiable cun rendemento superior
Solución Disruptiva
- Antena plana tipo Phased-Array
- Flexible e escalable
- Deseñada para aplicacións de banda ancha
- Solución única, adaptada para múltiples casos de uso comercial
Casos de uso
Os típicos sistemas satelitais embarcados son grandes e de alto custe, en particular para iates de recreo ou pequenos barcos.
A antena plana de Egatel con autoapuntamento electrónico ten un pequeno factor de forma a un precio competitivo, sen partes móbiles, abrindo así a porta ás comunicacións por satélite a unha maior comunidade dentro do sector marítimo.
Xa sexa para consumidores residenciais ou empresas profesionais, a instalación de antenas parabólicas e módems non é sinxela e require instaladores capacitados e incluso, nalgúns casos, permisos oficiais para ancorar as antenas aos edificios.
A chegada de terminais compactos coa antena plana autoapuntable de Egatel, con capacidade multiórbita e fácil de instalar, revolucionará a conectividade satelital.
Aplicacións en Loxística, Transporte de mercadorías e persoas por estrada, Comunicacións Terrestres (ferrocarril), Agricultura, etc.
Os equipos de emerxencia, as forzas de seguridade e os corpos de defensa demandan solucións de comunicación por satélite robustas, fiables e compactas para manter a conectividade nas condicións máis extremas e garantir a prestación dos servizos críticos que prestan.