A nova serie de transmisores TUWH4000 de alta eficiencia – banda ancha representa un salto tecnolóxico nos transmisores UHF de alta potencia con refrixeración por aire. A solución Doherty é por primeira vez banda ancha, polo que xa non é preciso realizar modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar de canle.
Os transmisores TUWH4000 presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.
Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS – 50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia.
O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente otorga total flexibilidade e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro transmisor. A configuración áxil do transmisor e a potencia do Web Server aseguran unha operación sinxela e intuitiva e unha rápida posta en marcha . As diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos garanten a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.
Modelo | TUWH4601 | TUWH4602 | TUWH4603 |
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB | 600 Wrms | 1.2 kWrms | 1.8 kWrms |
Potencia de saída (antes do filtro): ATSC | 1 KWrms | 2 KWrms | 3 KWrms |
Número de amplificadores: | 1 | 2 | 3 |
Número de racks | 1 | 1 | 1 |
Conector RF saída: DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB | 7/16 ou EIA 1 5/8″ | EIA 1 5/8″ | EIA 1 5/8″ |
Conector RF saída: ATSC | 7/16 ou EIA 1 5/8″ | EIA 1 5/8″ | EIA 1 5/8″ |