A nova familia de transmisores TUWH1000 ultracompactos (1U) e alta eficiencia representa un paso máis nas solucións Doherty banda ancha, facilitando aos operadores as tareas de instalación, operación e mantemento, á vez que ofrecendo unha inmellorable relación prestacións-custo (CAPEX/OPEX).
Esta nova serie extende a capacidade das familias de transmisores Egatel de alta eficiencia en banda ancha cubrindo calquera necesidade e topoloxía de rede broadcast e sendo especialmente adecuada para extender a cobertura en redes de televisión dixital.
A serie TUWH1000 pódese configurar como transmisor ou retransmisor multinorma (DVBT-H/T2, ATSC, ISDB-Tb) con potencias de saída ata 115 Wrms en só 1U, xestionando varias interfaces de entrada dependendo do modo de operación: ASI, TSoIP (transmisor) ou RF (retransmisor). Incorpora un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia e un potente e intuitivo WEB GUI que permite a xestión completa do equipo en modo local ou remoto.
Modelo | TUWH1050 | TUWH1200 | TUWH1101 |
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB | 5 (*) Wrms | 25 (*) Wrms | 120 Wrms |
Potencia de saída (antes do filtro): ATSC | 5 (*) Wrms | 25 (*) Wrms | 125 Wrms |
Conector RF saída | N (F) 50 ohm | N (F) 50 ohm | N (F) 50 ohm |