A nova serie TLWH7900E de transmisores refrixerados por líquido supón un paso máis na alta eficiencia enerxética, ofrecendo aos operadores unha solución moi compacta en canto a densidade de potencia, proporcionando un servizo óptimo para o desenvolvemento ou ampliación de redes de televisión dixital.
Os transmisores TLWH7900E usan a arquitectura Doherty asimétrica de banda ancha cun deseño moi coidado destinado a mellorar a eficiencia enerxética. O seu deseño compacto e modular facilita as tarefas de instalación e mantemento, reducindo significativamente os custos totais ao longo da vida útil do transmisor.
Permite a emisión de sinais de televisión na banda UHF nos principais estándares: DVB-T/T2, ATSC ou ISDB-T/TB.
Teñen unha alta eficiencia enerxética, ata o 42%. Caracterízase por presentar un sistema de refrixeración líquida eficiente e silencioso e de alto rendemento ocupando moi pouco espazo.
Modelo | TLWH7901E | TLWH7902E | TLWH7903E | TLWH7904E | TLWH7905E | TLWH7908E | TLWH7910E |
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB. ATSC | 1.5 kWrms | 3 kWrms | 4.4 kWrms | 5.8 kWrms | 7.3 kWrms | 11,5 kWrms | 14.4 kWrms |
Número de amplificadores: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 8 | 10 |
Número de racks | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 |
Conector RF saída | EIA 1 5/8″ | EIA 1 5/8″ | EIA 1 5/8″ | EIA 3 1/8″ | EIA 3 1/8″ | EIA 3 1/8″ | EIA 3 1/8″ – EIA 4 1/2″ |