A nova familia de reemisores ultracompactos (1U) RUWH1000 de alta eficiencia enerxética representa un paso máis nas solucións Doherty banda ancha, ofrecendo unha inmellorable relación prestacións-custo (CAPEX/OPEX) e facilitando aos operadores as tarefas de instalación, operación e mantemento.
Esta serie extende a capacidade das familias de transmisores e reemisores Egatel de alta eficiencia en banda ancha cubrindo calquera necesidade e topoloxía de rede broadcast e sendo especialmente adecuada para extender a cobertura en redes de televisión dixital.
Con potencias de saída de ata 125 Wrms (DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb), está especialmente deseñado para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Incorpora un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia, e un potente cancelador de ecos que elimina as realimentacións da propia instalación (SFN). Grazas a un intuitivo Web GUI que posibilita a xestión completa do equipo en modo local ou remoto, as tarefas de supervisión e mantemento son extraordinariamente seinxelas.
Modelo | RUWH1050 | RUWH1200 | RUWH1101 |
Potencia de saída (antes do filtro): DVB-T/H/T2, ISDB-T/TB | 5 (*) Wrms | 25 (*) Wrms | 110 Wrms |
Potencia de saída (antes do filtro): ATSC | 5 (*) Wrms | 25 (*) Wrms | 125 Wrms |
Conector RF salida | N (H) 50 ohm | N (H) 50 ohm | N (H) 50 ohm |