Que é a Internet das Cousas #IoT? Como pode o #IoT axudar a aumentar a produtividade e a rendibilidade das empresas ou mellorar as nosas vidas?
Na mesa redonda organizada onte por La Voz de Galicia intentouse dar resposta a estas preguntas e desvelouse a relevancia destas tecnoloxías. O noso conselleiro delegado, Francisco Javier Valdés Sánchez, participou xunto con Pili Chapela Villanueva, directora xeral de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., Alfredo Ramos, director xeral de R Galicia e Felipe Gil Castiñeira, docente de #TelecoVigo e investigador do #atlanTTic Research Center.
Todos eles expuxeron diferentes casos de uso e aplicacións comerciais que se están levando a cabo en múltiples ámbitos: eficiencia enerxética, domótica, agricultura e gandería intelixentes, vehículos autónomos, cidades intelixentes, medicina personalizada, etc.
Tamén destacaron a importancia da Intelixencia Artificial á hora de extraer o máximo valor da información que xeran os dispositivos conectados, a importancia do #5G para determinadas aplicacións e ofreceron a súa visión de futuro para esta tecnoloxía.
https://www.lavozdegalicia.es/video/sociedad/2022/11/29/intenert/00311669735899598262550.htm