EGATEL participa os próximos días 3 e 4 de novembro nas “IV Xornadas sobre Seguridade, Defensa, Tecnoloxías Matemáticas e Computacionais”, que se celebran na Coruña, nas instalacións do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC).
Manuel Pozo Fariñas, Director de Proxectos I+D de EGATEL, foi convidado o evento e intervirá como relator ambos os días. O primeiro día (3 de nov.), de 16:00-16:30, abordará o tema “Vías Alternativas e Seguras de Comunicacións en Contornas Adversas”, sobre sistemas de comunicacións pouco vulnerables a ataques robustos fronte a interferencias de rápido despregamento e independentes da presenza de redes terrestres no escenario elixido.
O segundo día (4 nov.) de 13:00-13:50, participará nunha mesa redonda sobre “TICs, Matemáticas e Computación no ámbito da Ciberseguridade”, na que tamén participan:
– Dña. Eduvigis Ortiz Moronta, Global Alliances & Innovation Director Cibersecurity PROSEGUER.
– D. Javier Parapar López, Investigador Principal da área de Procura e Recuperación de información, CITIC.
– Dña. Peregrina Quintela Estévez, Directora de ITMATI/Catedrática Matemática Aplicada USC.
– Moderador: D. Federico Aznar Fernández-Montesinos, Doctor Analista Principal do Instituto Español de Estudos Estratéxicos.
O evento, organizado polo Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN), CITIC e ITMATI, grupo m2nica e a UDC (coa colaboración do Instituto Matemático Interdisciplinar (IMI) da UCM), busca o achegamento da tecnoloxía matemática e computacional no ámbito da Seguridade e a Defensa.