Egatel logrou un importante contrato coa Axencia Espacial Europea para o desenvovlemento dunha novidosa antena plana satelital en banda K/Ka, con capacidadw de autoapuntamento e seguimento totalmente electrónicos, sen partes móbiles, e pensada para aplicacións de banda ancha. Trátase dun produto disruptivo que pretende superar as limitacións dos actuais sistemas comerciais (como peso, tamaño ou custo), e transformar o mercado das comunicacións por satélite en mobilidade ou Satcom On the Move.
O proxecto, denominado FLATTER: Electronic Beam–Steering K-Ka-Band Flat Panel Satellite Antennas for Broadband Applications, forma parte do programa ARTES Competitiveness & Growth da Axencia Espacial Europea, e o desenvolvemento corresponde a unha Fase Tecnolóxica. O importe do contrato é de 658.797 euros e ten unha duración de 20 meses