Egatel estará presente unha vez máis no IBC do 15 ao 18 de setembro do 2023 na RAI, Amsterdam.
Pode visitarnos no estand 8.D40, onde presentaremos os nosos novos produtos Broadcast en tecnoloxía Asymmetric Wideband-Doherty e as últimas solucións para transmisores UHF/VHF de alta/media e baixa potencia.
Ademais, Egatel presenta o novo GNSS MGE5000 patrón mestre de frecuencia e tempo referenciado a GNSS (GPS, Glonass, Galileo ou Beidou); así como os novos Microtransmisores Serie MTE8000 e Microreemisores/Gapfillers Serie MRE8000. Estes equipos foron deseñados para ofrecer o mellor rendemento da súa clase e unha solución rendible para estacións de transmisión de baixa potencia onde a falla de espazo é un feito fundamental. Os módulos están preparados para funcionar cos estándares: DVB-T-H/T2, ATSC, ISDB-Tb, polo que as emisoras poden agora aproveitar todas as súas avanzadas funcións nas estacións de baixa potencia.