sitemap Mapa Web    | Galego     | Español     | English

follow us in Google+ follow us in Twitter follow us in Facebook follow us in Linkedin

Servizos e Soporte

Nos proxectos de creación ou expansión dunha rede de difusión de TV, analóxica ou dixital, é inevitable realizar unha inversión económica significativa na compra de novos equipos. Por esta razón, é importante ir da mán dun fabricante que aporte unha ampla experiencia e recoñecemento no entorno profesional e proporcione a mellor relación prestacións - coste de inversión. Egatel caracterízase por ofrecer ambos aspectos.

O recoñecemento que alcanzou a empresa débese non só ó suministro de sistemas de alta tecnoloxía, senón tamén a que os servizos que ofrece van máis aló, con persoal técnico que presenta unha cualificada e plena asistencia durante a posta en marcha dos equipos e a operación normal dos mesmos, añadindo valor e completando o proceso que se inicia cando un cliente deposita a súa confianza en Egatel.


Os nosos enxeñeiros e técnicos acumulan décadas de experiencia no ámbito do diseño e producción de sistemas de RF; experiencia que poñemos ó sercicio dos nosos clientes en cada un dos nosos proxectos para adaptarnos a os seus requisitos particulares, ó tempo que cumplimos cos máis esixentes estándares e normativas nacionais e internacionais. Algúns dos nosos servizos:

  • Instalación
  • Proxectos chave en mán
  • Mantemento
  • Reparacións
  • Presupostos e ofertas económico técnicas


En Egatel somos conscientes da importancia que o control de calidade e o servizo post-venta teñen na satisfacción e fidelización dos nosos clientes, xa que o ser o derradeiro eslabón no proceso productivo permítenos coñecer a súa opinión, garantindo a retroalimentación necesaria para aumentar a calidade dos nosos produtos e procesos. Algúns dos nosos servizos post-venta:

  • Soporte técnico: 7:00 a 23:00 h. (Horario europeo) . Tlfn. (+34) 988 368 118 - Ext. 322
  • Correo electronico para incidencias: support@egatel.es
  • Sistema Informatizado de Atención de Incidencias
  • Soporte mediante acceso remoto a equipos
  • Descargas (Datasheets, Software, Firmware, Manuales)
  • Formación
  • F.A.Q.'s

Avda. de Ourense 1 - Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 Ourense. egatel@egatel.es

Egatel é membro de:

Egatel é patrón de: