sitemap Mapa Web    | Galego     | Español     | English

follow us in Google+ follow us in Twitter follow us in Facebook follow us in Linkedin

Casos de exito

Tras ser o principal provedor de equipos para a primeira rede SFN despregada no mundo e completar o apagamento analóxico en España, Egatel consolídase como empresa líder no mercado español. Esta posición de liderado permitiu a expansión internacional, actualmente clientes de 35 países confían en Egatel que proporciona o soporte local e o know-how que requiren a través dunha rede cualificada de distribuidores locais. A empresa acomete con éxito proxectos globais, afianzándose como empresa de referencia internacional.

Arxelia

Extensión da Televisión Dixital Terrestre - 2015/2016

image-1

Os 3 proxectos asignados pola TDA (TV Pública Arxelina) consistiron na instalación de 42, 16 e 10 estacións de Televisión Dixital, coa subministración de transmisores de TV da Serie TE9000, proteccións eléctricas e sistemas radiantes. O equipamento permite estender a cobertura de TV Dixital Terrestre no país.

Kenia

Despregamento da Televisión Dixital Terrestre - 2015/2016

image-1

Instalación e posta en marcha de 10 centros de transmisión de alta potencia, con equipos da Serie TUWH4000 (Serie WHET - Wideband High Efficiency Transmitters), ubicados en diferentes puntos clave do país. O proxecto “chave en man” para APD permite ao operador de TV pública KBC (Kenya Broadcasting Corporation) estender a rede de TV Dixital Terrestre no país.

México

Despregamento da Televisión Dixital Terrestre - 2015/2016

image-1

Posta en marcha de 15 novos centros de emisión adxudicados por TV Azteca. Instaláronse 29 transmisores ATSC da Serie TUWH4000, combinadores, patch panels e cargas. Os equipos suministrados pertencen á Serie WHET, os novos Transmisores de Alta Eficiencia-Banda Ancha transmiten a Televisón Dixital en diferentes estados de México.

Mali

Suministro de Sistemas DVB-T2 - 2016

image-1

O proxecto para Malivision consisté no suministro de un sistema "custom" 5+1 de 1,6 kWrms de potencia. Son equipos da Serie TLWH7800 que utilizan refrixeracion líquida compartida entre distintos transmisores integrados nun mesmo rack. Este sistema está previsto para unha ampliación a 9+1 e vaise instalar en Bamako.

Arxentina

Ampliación da rede de Televisión Dixital Terrestre - 2015

image-1

O proxecto asignado pola empresa anxentina INVAP (Sociedade do Estado de Investigación Aplicada) consiste no suministro de transmisores de alta potencia da Serie TLWH7800 refrixerados por líquido, para poñer en marcha 14 estacións de TV Dixital Terrestre. O equipamento de alta eficiencia enerxética permite ampliar a rede de TDT operada por ARSAT en Arxentina.

Avda. de Ourense 1 - Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 Ourense. egatel@egatel.es

Egatel é membro de:

Egatel é patrón de: