sitemap Mapa Web    | Galego     | Español     | English

follow us in Google+ follow us in Twitter follow us in Facebook follow us in Linkedin

Serie RUWH1000

Reemisores Baixa potencia UHF Dixital - DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb

Ultra-Compacto

Ata 125 Wrms en 1UR para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo.

máis...
Ata 125 Wrms en 1UR
close

Con potencias de saída de ata 125 Wrms (DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb), está especialmente deseñado para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo.

Incorpora un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia, e un potente cancelador de ecos que elimina as realimentacións da propia instalación (SFN).

  • Ata 125 Wrms
  • 1UR - 19”

Alta-Eficiencia

Alta Eficiencia Enerxética con Tecnoloxía Doherty en banda ancha que ofrece unha óptima relación prestacións-custo.

máis...
Tecnoloxía Wideband-Doherty
close

Os novos reemisores RUWH1000 presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.

Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS - 50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia.

  • Wideband-Doherty
  • Eficiencia 42%
  • LDMOS - 50 volt.

Oper. Intelixente

DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb. Intuitivo Web GUI para a xestión completa do equipo, supervisión e mantemento moi sinxelos.

máis...
DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb
close

A configuración áxil do reemisor e a potencia do Web Server aseguran unha operación fácil e intuitiva e unha rápida posta en marcha.

O deseño orientado ao cliente outorga total flexibilidade. As diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos garanten a continuidade do servizo ao longo da vida do reemisor nas diferentes modulacións.

  • Modulacións Dixitais
  • Web Server

Galería

Descripción breve

A nova familia de reemisores ultracompactos (1U) RUWH1000 de alta eficiencia enerxética representa un paso máis nas solucións Doherty banda ancha, ofrecendo unha inmellorable relación prestacións-custo (CAPEX/OPEX) e facilitando aos operadores as tarefas de instalación, operación e mantemento.

Esta serie extende a capacidade das familias de transmisores e reemisores Egatel de alta eficiencia en banda ancha cubrindo calquera necesidade e topoloxía de rede broadcast e sendo especialmente adecuada para extender a cobertura en redes de televisión dixital.

Con potencias de saída de ata 125 Wrms (DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb), está especialmente deseñado para cubrir as necesidades de instalacións de baixa potencia e con limitacións de espazo. Incorpora un avanzado sistema de precorrección dixital adaptativa que elimina as distorsións da etapa de potencia, e un potente cancelador de ecos que elimina as realimentacións da propia instalación (SFN). Grazas a un intuitivo Web GUI que posibilita a xestión completa do equipo en modo local ou remoto, as tarefas de supervisión e mantemento son extraordinariamente seinxelas.

Características clave

Deseño compacto: ata 125 Wrms nunha unidade de rack.

Alta eficiencia enerxética: Tecnoloxía Doherty en banda ancha.

Multinorma: DVB-T/H/T2, ATSC, ISDB-Tb.

Precorrección Dixital Adaptativa.
Cancelador de ecos (SFN) incluido.
Sistema antioscilación (SAO) con regulación automática da potencia de saída.
Alta sensibilidade e selectividade.
Conversión dixital directa a banda base (zero IF).
Potente e intuitiva Interfaz Gráfica a través de Navegador WEB.
Medida de QoS opcional.
Preparado para sistemas N+1.
Tarxeta SD para gardar/cargar a configuración completa.
Control remoto a través de tele-contactos, SNMP, Web GUI.
Actualización de software por control remoto.

Avda. de Ourense 1 - Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 Ourense. egatel@egatel.es

Egatel é membro de:

Egatel é patrón de: