sitemap Mapa Web    | Galego     | Español     | English

follow us in Google+ follow us in Twitter follow us in Facebook follow us in Linkedin

Serie TUWH4000

Transmisores TV UHF Banda Ancha - Alta Eficiencia - PAL, NTSC, DVB-T/-H/-T2, ISDB-T/TB, ATSC

Galería

Descripción breve

A nova serie de transmisores TUWH4000 de alta eficiencia - banda ancha representa un salto tecnolóxico nos transmisores UHF de alta potencia con refrixeración por aire. A solución Doherty é por primeira vez banda ancha, polo que xa non é preciso realizar modificacións ou axustes nos amplificadores ao cambiar de canle.

Os transmisores TUWH4000 presentan unha eficiencia enerxética líder no mercado. Ofrecen un rendemento de ata un 42% que se traduce nun inmediato beneficio económico para os operadores.

Están dotados da máis avanzada tecnoloxía no procesado de sinal e de amplificadores de potencia baseados en transistores LDMOS - 50 volt. caracterizados por unha alta densidade de potencia.

O deseño extremadamente compacto e orientado ao cliente otorga total flexibilidade e múltiples configuracións por rack, aforrando unha gran cantidade de espazo no centro transmisor. A configuración áxil do transmisor e a potencia do Web Server aseguran unha operación sinxela e intuitiva e unha rápida posta en marcha . As diferentes opcións de redundancia e o óptimo deseño dos módulos críticos garanten a continuidade do servizo ao longo da vida do transmisor.

Características clave

Alta eficiencia enerxética en toda a banda UHF minimizando o consumo e o custo de mantemento. Eficiencia de ata 38% para estándares COFDM e 42% para ATSC.

Amplificadores LDMOS-50 volt. de alta densidade de potencia.

Cambio de frecuencia a través do display do excitador, non hai que facer NINGÚN axuste no amplificador.

Deseño compacto que permite integrar varios transmisores con redundancia Dual Drive ou N+1 nun solo rack.
Modulacións dixitais:DVB-T/-H/-T2, ISDB-T/-TB, ATSC.
Transmisión 4K UHDTV a través de DVB-T2.
Frecuencias de 470 MHz a 800 MHz.
Precorrección dixital lineal, non lineal e adaptativa.
Alta redundancia que garante a máxima fiabilidade.
Preparado para sistemas N+1.
Múltiples posibilidades de operación local: a través do display do excitador, a Unidade de Control ou Web Server (opc.).
Múltiples opcións de supervisión remota: Telecontactos, SNMP / Web Server (opc.).

Avda. de Ourense 1 - Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 Ourense. egatel@egatel.es

Egatel é membro de:

Egatel é patrón de: