sitemap Mapa Web    | Galego     | Español     | English

follow us in Google+ follow us in Twitter follow us in Facebook follow us in Linkedin

Serie MTD7000

Transmisores Baixa potencia UHF Dixital - DVB-T/-H/T2

MTD7000 DVB-T / DVB-T2

Alt text to go hereAlt text to go here

O novo microtransmisor dixital é a solución máis rentable para a radiodifusión de baixa potencia.

Está caracterizado por un consumo de enerxía moi reducido, o que permite disminuir significativamente o OPEX.


Alt text to go here
Integración de dous Firmwares na mesma plataforma HW.

Precorrección adaptativa

Optimización do sinal de saída en cuestión de segundos

Alt text to go here

Medidor de QoS integrado:


MER
BER
PER
···

- Sin precorrección

- Con precorrección

µTX e µRX rexenerativo

Transmisor e Reemisor rexenerativo nun mesmo módulo

Alt text to go hereVarias interfaces de entrada en función do modo de operación: ASI ou TSoIP (modulador) e entrada de RF (retransmisor).

Control local e remoto

Display, Web GUI, SNMP...

Cada módulo pode ser xestionado remotamente sen necesidade dunha Unidade de Control externa a través do WEB GUI máis potente e sinxelo de manexar do mercado.

Opcionalmente, a Unidade de Control fai medicións de calidade dos canais de RF e proporciona acceso remoto a través de telecontactos, GSM, SNMP e WEB GUI.
Alt text to go here

Sistema de refrixeración

Óptimo deseño do sistema de refrixeración

Alt text to go hereO sistema de refrixeración porporciona total inmunidade a corrosión.

O aire non circula por ningún componete electrónico.

Galería

Descripción breve

A serie MTD7000 foi deseñada para proporcionar a solución máis rentable e coas máximas prestacións nos centros de radiodifusión de baixa potencia, onde a limitación de espazo é un factor clave. Cada canal está constituido por un único módulo, podéndose integrar ata 7 canais nun cofre de 19”- 6U de altura para facilitar a súa instalación en espazos reducidos. Ademáis, os microtransmisores MTD7000 caracterízanse por un consumo de enerxía moi reducido, permitindo reducir significativamente os gastos de operación.


Os módulos están preparados para traballar coa norma DVB-T2 polo que os Broadcasters xa poden beneficiarse das características máis avanzadas deste sistema nas súas instalacións de baixa potenza. Os módulos poden traballar como modulador ou como retransmisor (opcional), xestionando varias interfaces de entrada en función do modo de operación: ASI ou TSoIP (modulador) e entrada de RF (retransmisor). Poden operar en redes SFN xa sexa en modo transmisión ou retransmisión garantindo o pleno cumprimento das restricciones temporais propias deste modo.

Ao contar con tablas de precorrección previamente gravadas, os equipos (dentro da banda UHF de saída) son totalmente áxiles. Todos os módulos poden controlarse fácilmente de forma local ou remota a través dun potente Web GUI. De forma opcional a Unidade de Control CCU7000 pode supervisar o funcionamento xeral, medir a calidade de todos os canais emitidos e proporcionar control remoto a través de GSM, módem 3G, SNMP e Web GUI.

Características clave

Deseño compacto nun único módulo.

Ata 7 módulos en cofre 19”- 6U.

Preparado para DVB-T2.

Conmutación sen cortes entre as entradas.
Entrada TSoIP para manexar fluxos de ASI a través de redes IP.
Precorrección dixital lineal e non lineal.
Precorrección adaptativa (MTD7050).
Facilidade de cambio de canal e nivel con taboas de precorrección pregravadas.
Potente e intuitivo Web GUI.
Conector frontal de test de ASI.
Medida de QoS integrada (opcional).
Opción de recepción que permite a operación como retransmisor.
Opción redundancia N+1.
Control remoto dos módulos: SNMP, Web GUI.
Control remoto vía Unidade de Control: telecontactos,GSM, 3G, SNMP, Web GUI.
Actualización de software a distancia.
Alimentación a unha única tensión de 24 VDC para todos os módulos.

Avda. de Ourense 1 - Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 Ourense. egatel@egatel.es

Egatel é membro de:

Egatel é patrón de: