sitemap Mapa Web    | Galego     | Español     | English

follow us in Google+ follow us in Twitter follow us in Facebook follow us in Linkedin

'Smart LNB'

Next generation Interactive Satellite terminal

Qué é 'Smart LNB'?

O 'smart LNB' é un terminal satélite de última xeración equipado con un novidoso transceptor conectado á antena parabólica. O transmisor baséase nun estándar aberto e emprega un enlace de retorno de banda estreita optimizado para transmisións curtas cun ciclo de traballo baixo. Grazas ao seu formato eficiente é compatible e pódese instalar con calquera parabólica estándar.

Foi deseñado como unha solución de baixo custo para proporcionar servizos interactivos e aplicacións M2M a millóns de usuarios.É totalmente compatible cos terminais que xa estén actualmente instalados nos fogares, polo que se poderá acceder a todas as aplicacións que 'smart LNB' ofrece mediante unha sinxela actualización.

Con unha fácil instalación e manexo, os usuarios poden empezar a disfrutar do amplo catálogo de aplicacións en poucos e sinxelos pasos.

Eutelsat, un dos principais operadores de satélites e proveedor clave de servizos de radiodifusión e banda ancha concebiu o terminal 'Smart LNB' para a nova xeración de servizos bidireccionais a través da plataforma de televisión conectada e aplicacións M2M.

Egatel, en colaboración con Eutelsat, desenvolveu o 'Smart LNB' que xa está dispoñible no mercado.

Especificaciones técnicas

Aplicacións

A chegada do 'Smart LNB' supón un paso adiante sobre a TV lineal tradicional xa que ofrece ilimitados servizos virtuais de TV conectada, inclúese: Push-video-on-demand, operacións de pago, servizos baseados no consumo de contidos á carta, domótica, HbbTV, pay-per-view, redes sociais, participación en programas en directo, xestión de subscricións, medición de audiencias, etc.

O ‘Smart LNB' ofrece servizos de visualización multipantalla de canles de vídeo IP, de maneira que poden ser visualizados directamente en tabletas, smartphones e demais terminais IP do usuario final. Ademais, grazas á canle de retorno tanto provedores de servizos como usuarios beneficiaranse das aplicacións IP bidireccionais adaptadas a cada dispositivo doméstico, que hoxe só son accesibles aos operadores OTT.

A capacidade de recibir/transmitir datos IP utilizando unha canle de retorno de banda estreita a través de satélite abre a porta ás aplicacións Machine-to-Machine (M2M). A crecente demanda de servizos sanitarios no fogar, combinada co control de custos, proporciona as condicións ideais para adoptar as vantaxes proporcionadas polas aplicacións M2M. O seguemento a distancia de enfermidades crónicas, servizos de asistencia para persoas maiores e o control de pacientes a través de solucións de coidado no fogar, son algunas das aplicacións esenciais que poden axudar ao ecosistema da saúde e facer frente a este reto. Todo isto se consegue simplemente conectando o 'Smart LNB' aos sensores personais que ten o usuario no seu domicilio e que recollen diferentes medidas, como o peso, presión arterial, niveis de glucosa, etc

No que se refiere a casas intelixentes, pódense controlar o consumo de enerxía e o uso da electricidade, auga quente e calefacción mediante medidores intelixentes. A conexión de estos equipos ao 'smart LNB' permitirá coñecer en tempo real o consumo enerxético. A detección de despilfarros de enerxía e a corrección de malos hábitos tradúcense directamente en aforro e emisións de CO2 máis baixas.

Ademáis, o usuario pode controlar remotamente diferentes dispositivos instalados no fogar, como videocámaras, sensores de movemento, fechaduras de portas e xanelas, así como programar accións de aceso e apagado de luces ou do sistema de calefacción para determinadas horas e datas.

O 'smart LNB' é unha potente ferramenta para o mercado profesional, como o sector das Utilities. Sobre a base de utilizar unha transmisión de baixa velocidade, o satélite convértese nunha plataforma rendible e fiable para entregar automaticamente datos desde os puntos máis remotos da rede de comunicacións. Por outra banda, este tipo de comunicacións M2M a través de satélite pódese integrar facilmente con aplicacións SCADA para o control, xestión e seguimento de distintos activos e recursos das Utilities.

'Smart LNB' - ODU

A unidade exterior é o corazón de 'smart LNB'. Nun formato moi compacto intégranse funcionalidades de última xeración.

  • Dobre LNB banda-Ku con polarización independente: V / H (SW seleccionable).
  • Entrada externa para conectar un LNB adicional.
  • Dúas versións de transmisor dispoñibles:
    • Transmisor en banda-Ku con dúas polarizacións: V / H (SW seleccionable).
    • Transmisor en banda-Ka con dúas polarizacións: LHCP/RHCP (SW seleccionable).
  • Unha soa saída: o sinal de TV e os datos IP envíanse multiplexados a través dun cable coaxial único.
  • Soporta DiseqC 2.0
  • Interfaz web gráfica de usuario para a súa xestión e configuración.

ODU - Outdoor Unit (Xira a ODU facendo click e movendo o rato)

Avda. de Ourense 1 - Parque Tecnolóxico de Galicia. 32901 Ourense. egatel@egatel.es

Egatel é membro de:

Egatel é patrón de: